*Prototipo* Potera Eging Master V1 - Vacán De Mar

*Prototipo* Poteira Eging Master V1

2.5 / Humo rojo
€6,99 EUR
Precio de oferta  €6,99 EUR Precio habitual 
Ir directamente á información do produto
*Prototipo* Potera Eging Master V1 - Vacán De Mar

*Prototipo* Poteira Eging Master V1

€6,99 EUR
Precio de oferta  €6,99 EUR Precio habitual 
Talla2.5
CorHumo rojo

Eging Master V1 é o primeiro prototipo de VDM en tamaño 2.5 (como lanzamento inicial), unha potera artesanal deseñada e impresa en 3D por autoría propia, coidando cada detalle do proceso desde o comezo ata o acabado final. Nace como unha peza de proba, pensada non só para amosar unha primeira versión do deseño, senón para comprobar o seu comportamento real na auga, recoller feedback e seguir afinando cada mellora futura. O seu obxectivo é claro: ofrecer un engado cunha base sólida, funcional e honesta, capaz de responder tanto en calidade de fabricación coma en uso real.

Está elaborada con materiais seleccionados pola súa resistencia e fiabilidade, incluíndo un chumbo de aliaxe de chumbo e estaño, variña de fibra de vidro nas coroas, recubrimento epoxi de alta dureza e argola de aceiro inoxidable, elixidos para achegar dureza, durabilidade e un comportamento máis consistente.

Eging Master V1 está pensada para pescadores que valoran un produto ben feito, con identidade propia e con vocación de mellora continua.

Tamén che pode interesar